17/05/17

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS


Carlos Casares é o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A continuación presentámosvos os marcapáxinas participantes no concurso:






E os marcapáxinas gañadores do concurso foron os seguintes:



Sarai Prieto Balado (4ºA Primaria)




Paula Leite Pico (3ºA ESO)


Noraboa ás gañadoras!!!!!





01/05/17

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2017

A continuación presentamos unha recompilación de recursos que aparecen na rede para traballar a figura de Carlos Casares, homenaxeado das Letras Galegas deste 2017.


  • Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder á páxina do Seminario Galán. Nela hai biografías sobre o autor así como actividades para imprimir ou para realizar en liña para todos os niveis de infantil e primaria.

http://seminariogalan.org/

  • A seguinte imaxe enlaza coa páxina web da Fundación Carlos Casares. Nela podedes atopar moita información sobre a súa vida e obra, así que como diversas actividades que se están levando a cabo en honra ao homenaxeado.


http://fundacioncarloscasares.org/




  • A continuación podemos atopar outra páxina na que se atopa información bibliográfica sobre o autor, pero ademáis hai diversas actividades interactivas sobre as súas obras, así como numerosas fichas didácticas sobre as mesmas.



http://primaveradasletras.gal/carlos-casares/

  • No portal da Lingua Galega tamén podemos atopar información sobre Carlos Casares, así como numerosas actividades dinamizadoras elaboradas por distintos centros de Galicia.

  • http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas


Xogos sobre o autor elaborados polo CEIP A Ponte de Lugo:






CONCURSO DE MARCAPÁXINAS