14/11/22

Marea Negra

Compartimos convosco a obra para banda sinfónica do compositor galego Antón Alcalde “Marea Negra”, con motivo do 20 aniversario do afundimento do Prestige. Unha obra coa que Alcalde pretende representar a catástrofe ao mesmo tempo que homenaxear a marea branca de voluntarios e voluntarias que se achegaron a limpar as nosas costas. Agardamos que a desfrutedes.



02/11/22

Exposición grupos de música tradicional galega.

 Con motivo do magosto, o alumnado de 5º e 6º de EP realizou uns traballos sobre distintos grupos de música tradicional galega que quedaron expostos no taboleiro de música da escola.



01/11/22

Samaín 2022. Exposición de cabazas no tunel do medo.

 Velaí vos amosamos a exposición de cabazas do alumnado, xunto con algúns dos seus terroríficos traballos que ambientaron o tunel do medo para a celebración do Samaín deste curso.