24/11/23

Actividades de novembro

 Coplas contra a violencia de xénero. No 2º ciclo de EP mudamos a letra de coplas de temática machista que se cantaban antigamente en festas e encontros populares. Vídeo das cantigas e debuxos do alumnado



Actividades de novembro

 Participación do alumnado de 4º de EP no III Certame “Coreografíate” organizado pola ASPG, no cal tiveron que realizar unha coreografía cunha canción en galego.






Actividades de novembro

 Saída do alumnado de 1º ciclo de EP ao concerto didáctico do grupo musical “Odaiko”, os cales achegan a música en galego ás crianzas a tráves do ritmo e da percusión.





Actividades de novembro

 Compartimos convosco algunhas actividades de novembro no que participou o EDLG.

Exposición de cogomelos da man de Luís Cuba.







07/11/23

Samaín 2023

 Aquí vos deixamos algunhas imaxes do noso túnel do terror, do pasado martes, onde se podían ver as cabazas e debuxos de terror feitas polo alumnado!