26/01/24

Aquí tamén se fala galego

Dende o EDLG da Xunqueira, sumámonos á campaña de “Aquí tamén se fala galego”, unha iniciativa do EDLG do IES Rafael Dieste da Coruña coa que pretenden acadar unha sensibilización social entre o alumnado e a contorna na que viven. 


Esta campaña está tendo moita repercusión nos medios, xa que nestas últimas semanas sumáronse personalidades como Viggo Mortensen, as Tanxugueiras ou entidades como o RCD, o Racing de Ferrol, o Celta de Vigo ou o CD Lugo. 

O noso alumnado da ESO xa deu comezo á campaña comezando polo Concello de Fene.





24/11/23

Actividades de novembro

 Coplas contra a violencia de xénero. No 2º ciclo de EP mudamos a letra de coplas de temática machista que se cantaban antigamente en festas e encontros populares. Vídeo das cantigas e debuxos do alumnado