29/06/23

Xunquiño de verán!

Xa temos a nosa edición do Xunquiño de verán do curso 2022/2023, botádelle unha ollada. Para poder visualizar por completo os traballos do alumnado debedes premer nas imaxes para acceder aos documentos.

15/06/23

IX Edición Certame Carmela Loureiro

Témosvos que anunciar unha boa nova: 2 alumnas do noso centro foron premiadas na IX edición do Certame literario Carmela Loureiro!

Modalidade de microrrelatos:

  • Categoría A: “O misterio da ponte de Xubia” de Sabela Villares Luaces de 6º A de EP, premio “Accésit”.
  • Categoría C: “Máis sinxelo do que semella” de Celeste García Fontao de 3º da ESO, 1º premio.
O acto de entrega de premios e diploma terá lugar o mércores 21 de xuño ás 19:00 h, no C.C. Torrente Ballester. Queda convidado tamén a este acto o profesorado e alumnado que participou nesta actividade por se fose do seu interese.

Moitísimos parabéns, e agardamos que estes recoñecementos vos sigan animando a traballar e desenvolver o voso gusto e interese pola escritura.