11/12/22

Exposición postais de nadal.


O noso alumnado xa ten feitas as postais para o concurso! 
Podedes botarlle unha ollada nos taboleiros do primeiro andar do centro.


 


01/12/22

Concurso postais de Nadal!

 Comezamos o mes de decembro co noso tradicional concurso de postais de nadal!! 


25 N

 A semana pasada, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, impulsamos dende o EDLG a seguinte actividade para ser traballada no 3º ciclo de EP e na ESO.




14/11/22

Marea Negra

Compartimos convosco a obra para banda sinfónica do compositor galego Antón Alcalde “Marea Negra”, con motivo do 20 aniversario do afundimento do Prestige. Unha obra coa que Alcalde pretende representar a catástrofe ao mesmo tempo que homenaxear a marea branca de voluntarios e voluntarias que se achegaron a limpar as nosas costas. Agardamos que a desfrutedes.



02/11/22

Exposición grupos de música tradicional galega.

 Con motivo do magosto, o alumnado de 5º e 6º de EP realizou uns traballos sobre distintos grupos de música tradicional galega que quedaron expostos no taboleiro de música da escola.



01/11/22

Samaín 2022. Exposición de cabazas no tunel do medo.

 Velaí vos amosamos a exposición de cabazas do alumnado, xunto con algúns dos seus terroríficos traballos que ambientaron o tunel do medo para a celebración do Samaín deste curso.









23/05/22

Letras galegas 2022: festival de regueifas

Este ano traballamos coas regueifas o Día das Letras Galegas 2022 coa rapazada de infantil e primaria. 

Deixamos a continuación o enlace ao Festival de Regueifas, esperamos que vos guste.

Premer aquí



Letras Galegas 2022: gañadoras do concurso

Estas son as gañadoras do concurso de marcapáxinas celebrado pola conmemoración do Día das Letras Galegas 2022 sendo o homenaxeado D. Florencio Delgado Gurriarán.


 

            • Elena Zabala Teijeiro (3ºB ESO).
            • Maya Freire Padín (4º EP).

Moitos parabéns para elas!



21/04/22

Letras Galegas 2022: concurso

 

Podes pinchar aquí para consultar información sobre o autor:

Real Academia Galega

O portal da lingua galega



07/03/22

Podcast do 8M (6º de primaria)

Visión do Día Internacional da Muller polas nenas e nenos de 6º de primaria.

27/02/22

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro



Os alumnos de 6º de Primaria escribiron un Soneto para homenaxear a Rosalía no seu aniversario.


Escaneando o seguinte QR co voso móbil podedes escoitar o Soneto da voz dos nosos alumnos.