30/10/24

Actividades Samaín 2024.

Velaí vos deixamos algunhas imaxes do noso Túnel do Samaín, cunha inmensa participación no concurso de cabazas, así como dos debuxos de medo e os relatos de terror.

Moitisimas grazas a toda a comunidade escolar pola vosa participación nas actividades do Samaín organizadas polo EDLG. 

Bo Samaín a todos/as! 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 




 


 


 


 


16/10/24

Samaín 2024

Comezamos este novo curso 2024/25 cos nosos tradicionais concursos de relatos e debuxos de Samaín. Tamén, teremos o concurso de cabazas, que quedarán expostas na escola. 

Engadimos este ano unha serie de suxerencias para a elaboración de relatos, debuxos e cabazas, procurando empregar os elementos do noso tradicional Samaín.

Animádevos a participar!






22/05/24

Obradoiro de baile tradicional galego, na semana das letras galegas.

 Este martes 21 de maio, o EDLG en colaboración co departamento de música, organizou un obradoiro de baile tradicional galego, para 3º, 4º 5º e 6º de EP e máis para 4º da ESO, da man da AC Donaire da Coruña. 

Moitisimas grazas, Pablo e Olga, polas vosas aulas, desfrutámolo moitísimo!






15/05/24

Participantes concurso de marcapáxinas.

 Aquí tedes  todos os participantes do centro do concurso de marcapáxinas, que están expostos no taboleiro de dinamización lingüística. Cada ano témolo máis difícil para escoller. Parabéns a todos e todas!







As gañadoras do concurso de marcapáxinas.

 Aroa Rebollo 6º EP

Antía Gómez Yáñez de 1º de ESO B





Concurso de marcapáxinas. Letras galegas 2024. Luisa Villalta

 Este ano 2024, continuamos co noso tradicional concurso de marcapáxinas, adicado a Luisa Villalta.




08/04/24

XXXI Edición da Mocidade coa lingua!

Este curso 2023-2024 o alumnado da ESO volve participar na actividade organizada polo CENLF “A Mocidade coa lingua”o vindeiro venres 12 de abril. O grupo musical “Badulaque” formado polo alumnado de 4º da ESO, representará ao noso centro nesta edición, interpretando temas musicais de autoría propia en galego. 

Será un encontro tamén para coñecer e compartir co resto de centros participantes todas as propostas musicais da nosa mocidade, entre eles estarán o IES Carvalho Calero, CPI Atios, IES de Fene e IES Sofía Casanova.

Como todos os anos, a organización convida a unha banda de música profesional que sirva de referencia para a mocidade. Nesta ocasión, teremos o pracer de escoitar a “De Ninghures”.




19/03/24

Aquí tamén se fala galego e Racing de Ferrol

 Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso centro a 2 xogadores do Racing de Ferrol, Heber e David Castro.


O equipo de fútbol está a colaborar cos centros educativos  de Ferrolterra na campaña de dinamización lingüística “Aquí tamén se fala galego” para concienciar á mocidade sobre o uso da nosa lingua.


O noso alumnado escoitou con moita ilusión aos xogadores falar sobre a importancia de usar o noso idioma no día a día, tamén tiveron a oportunidade de facerlles preguntas, e, para rematar, asináronlles autógrafos a todos os alumnos/as participantes.


Dende o CPI A Xunqueira agradecemos enormemente a colaboración do equipo, e dos seus xogadores coa campaña de dinamización. Sodes unha referencia para o noso alumnado!









26/01/24

Aquí tamén se fala galego

Dende o EDLG da Xunqueira, sumámonos á campaña de “Aquí tamén se fala galego”, unha iniciativa do EDLG do IES Rafael Dieste da Coruña coa que pretenden acadar unha sensibilización social entre o alumnado e a contorna na que viven. 


Esta campaña está tendo moita repercusión nos medios, xa que nestas últimas semanas sumáronse personalidades como Viggo Mortensen, as Tanxugueiras ou entidades como o RCD, o Racing de Ferrol, o Celta de Vigo ou o CD Lugo. 

O noso alumnado da ESO xa deu comezo á campaña comezando polo Concello de Fene.