19/03/24

Aquí tamén se fala galego e Racing de Ferrol

 Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso centro a 2 xogadores do Racing de Ferrol, Heber e David Castro.


O equipo de fútbol está a colaborar cos centros educativos  de Ferrolterra na campaña de dinamización lingüística “Aquí tamén se fala galego” para concienciar á mocidade sobre o uso da nosa lingua.


O noso alumnado escoitou con moita ilusión aos xogadores falar sobre a importancia de usar o noso idioma no día a día, tamén tiveron a oportunidade de facerlles preguntas, e, para rematar, asináronlles autógrafos a todos os alumnos/as participantes.


Dende o CPI A Xunqueira agradecemos enormemente a colaboración do equipo, e dos seus xogadores coa campaña de dinamización. Sodes unha referencia para o noso alumnado!