Este curso 2023-2024 o alumnado da ESO volve participar na actividade organizada polo CENLF “A Mocidade coa lingua”o vindeiro venres 12 de abril. O grupo musical “Badulaque” formado polo alumnado de 4º da ESO, representará ao noso centro nesta edición, interpretando temas musicais de autoría propia en galego.
Será un encontro tamén para coñecer e compartir co resto de centros participantes todas as propostas musicais da nosa mocidade, entre eles estarán o IES Carvalho Calero, CPI Atios, IES de Fene e IES Sofía Casanova.
Como todos os anos, a organización convida a unha banda de música profesional que sirva de referencia para a mocidade. Nesta ocasión, teremos o pracer de escoitar a “De Ninghures”.