09/05/25

As Lavandeiras de Sillobre.

 Durante este curso 24/25, no CPI A Xunqueira, estivemos a desenvolver un proxecto de recollidas de cantigas populares galegas, en relación á homenaxe do día das letras galegas ás cantareiras e á poesía popular oral.

Grazas a este proxecto descubrimos unha cantiga relacionada cunha asociación veciña, que homenaxea o antigo oficio das mulleres lavandeiras da parroquia de Sillobre, en Fene. Desta maneira, estableceuse unha colaboración entre o noso centro e a asociación de Sillobre para preparar unha representación da cantiga e do oficio co noso alumnado.

O alumnado de 3º e 4º de EP, aprendeu durante este curso a cantiga, que posteriormente representou no entroido, no roteiro literario que fixemos en abril, e ademais, no X encontro das lavandeiras de Sillobre o pasado 3 de maio. Aquí compartimos esta preciosa fotografía da representación do noso alumnado. Podedes atopar máis nas ligazóns que se mostran a continuación.




Agradecemos á asociación o convite para a participación no encontro. Por moitos anos das lavandeiras de Sillobre!

Fotos na páxina de Facebook das lavandeiras








Ningún comentario:

Publicar un comentario