28/10/14

I CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO


O Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra preséntannos o I Certame Literario Carmela Loureiro.




  • Categorías de participación: A (1º e 2º de ESO); B (3º e 4º de ESO).
  • Modalidades de participación:
    • MICRORRELATOS. Será un texto narrativo de non máis de 150 palabras, que comezará do seguinte xeito: Xa cho advertira...
    • MICROPOESÍA. Será un texto poético de non máis de seis versos.
  • Todos os textos deberán estar escritos en lingua galega e ser orixinais.
  • Prazo de presentación: ata o 19 de novembro.

Aquí podes consultar as bases completas do concurso.

Anímate a participar!!!!  Tes unha TABLET esperándote como agasallo!!!!!





21/10/14

RECURSOS PARA O SAMAÍN


Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver os recursos para o Samaín que aparecen recollidos no blogue da biblioteca.




12/10/14

CONCURSO: "DESEÑA UN LOGOTIPO PARA O CENTRO"




BASES DO CONCURSO:


  1. Poderán participar todos os alumnos/as da ESO do CPI A Xunqueira.
  2. A forma de participación será individual.
  3. Os deseños deben de tentar representar ao CPI A Xunqueira (a través dun debuxo sinxelo) e integrar o texto “CPI A Xunqueira – Fene”
  4. Os traballos deberán ser orixinais, quedando excluído calquera traballo que copie total ou parcialmente outros deseños existentes.
  5. De cada deseño presentarase unha versión en cor e outra en branco e negro.
  6. A técnica será libre.
  7. Presentación dos traballos:
    1. Os deseños presentaranse en papel DIN-A4: nun papel a versión a cor e noutro a versión en branco e negro. En ambos debuxos debe constar o nome completo do autor/a e o curso ao que pertence na parte de atrás da folla.
    2. Os traballos entregaranse ao departamento de plástica (Lucía Sesto).
    3. A data límite de entrega será o luns 23 de Marzo de 2015.
  8. Premios:
    1. No xurado haberá representantes de infantil, primaria, secundaria, equipo directivo e normalización lingüística e estará presidido pola xefa do departamento de plástica.
    2. Primeiro premio: O/a gañador/a do primeiro premio recibirá un diploma, unha tarxeta regalo por valor de 100 euros nun establecemento por concretar e o privilexio de ter o seu deseño representando ao centro.
    3. Segundo e terceiro premio: Os/as autores/as dos dous traballos finalistas recibirán un diploma e unha selección de material escolar.
    4. Excepcional e xustificadamente, o xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.
  9. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do centro.
  10. O centro terá dereito ao uso, exposición ou publicación dos traballos presentados.
  11. A presentación dos traballos supón a aceptación destas bases.