BASES
DO CONCURSO:
- Poderán participar todos os alumnos/as da ESO do CPI A Xunqueira.
- A forma de participación será individual.
- Os deseños deben de tentar representar ao CPI A Xunqueira (a través dun debuxo sinxelo) e integrar o texto “CPI A Xunqueira – Fene”
- Os traballos deberán ser orixinais, quedando excluído calquera traballo que copie total ou parcialmente outros deseños existentes.
- De cada deseño presentarase unha versión en cor e outra en branco e negro.
- A técnica será libre.
- Presentación dos traballos:
- Os deseños presentaranse en papel DIN-A4: nun papel a versión a cor e noutro a versión en branco e negro. En ambos debuxos debe constar o nome completo do autor/a e o curso ao que pertence na parte de atrás da folla.
- Os traballos entregaranse ao departamento de plástica (Lucía Sesto).
- A data límite de entrega será o luns 23 de Marzo de 2015.
- Premios:
- No xurado haberá representantes de infantil, primaria, secundaria, equipo directivo e normalización lingüística e estará presidido pola xefa do departamento de plástica.
- Primeiro premio: O/a gañador/a do primeiro premio recibirá un diploma, unha tarxeta regalo por valor de 100 euros nun establecemento por concretar e o privilexio de ter o seu deseño representando ao centro.
- Segundo e terceiro premio: Os/as autores/as dos dous traballos finalistas recibirán un diploma e unha selección de material escolar.
- Excepcional e xustificadamente, o xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.
- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do centro.
- O centro terá dereito ao uso, exposición ou publicación dos traballos presentados.
- A presentación dos traballos supón a aceptación destas bases.
Ningún comentario:
Publicar un comentario