13/11/18

CONCURSO: RECITADO DE POESÍA "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

CONCURSO POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO

Como todos os anos desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra comezamos a artellar o certame de POESÍA E IMAXE. EN GALEGO SEN FILTRO, para este presente curso 2018/2019.

Abrimos, por este motivo, un prazo para propoñer anacos de poemas en calquera lingua do planeta, SEMPRE COA SÚA TRADUCIÓN AO GALEGO. Agardamos as vosas propostas a través da nosa dirección de correo electrónico cequipnormalizacion@gmail.com . Tedes ata o venres 14 de decembro.

Debedes completar os seguintes datos co poema seleccionado.
NOME DO POEMA:___________________________
NOME DO OU DA POETA:____________________________ (Pode ser Anónimo)
E NON ESQUEZADES A SÚA TRADUCIÓN AO GALEGO.

FOMENTO DA POESÍA GALEGA ESO

Nesta páxina web http://verticedeversos.gal documental Vértice de Versos, unha obra audiovisual que se centra na actual poesía galega.
 A pretensión desta longametraxe é a de achegar ao público que menos contacto ten coa poesía, que a descubra e a desfrute sen prexuízos.
 Ademais se fixo un especial fincapé no emprego de claves para captar a atención da mocidade e para contribuír a que Vértice de Versos poida ser un recurso útil no ensino e na promoción da literatura galega.
 Por iso desexamos ofrecervos varias posibilidades para que Vértice de Versos poida ser unha ferramenta de utilidade no fomento da nosa lingua e cultura nos centros de ensino secundario.

27/06/18

O XUNQUIÑO DE VERÁN

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver o contido de O Xunquiño de Verán deste 2018.

Esperamos que vos guste!!





E se queredes descargala en PDF premede no seguinte enlace:



22/05/18

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS


A continuación podedes ver os marcapáxinas participantes neste concurso das Letras Galegas 2018 dedicado a María Victoria Moreno:




E os marcapáxinas gañadores deste concurso son os seguintes:



Inés Erezuma Brage 1º A Primaria





Irene Beatriz Díaz 2º A  ESO


NORABOA ÁS GAÑADORAS!!!!!