Como todos os anos desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra comezamos a artellar o certame de POESÍA E IMAXE. EN GALEGO SEN FILTRO, para este presente curso 2018/2019.
Abrimos, por este motivo, un prazo para propoñer anacos de poemas en calquera lingua do planeta, SEMPRE COA SÚA TRADUCIÓN AO GALEGO. Agardamos as vosas propostas a través da nosa dirección de correo electrónico cequipnormalizacion@gmail.com . Tedes ata o venres 14 de decembro.
Debedes completar os seguintes datos co poema seleccionado.
NOME DO POEMA:___________________________
NOME DO OU DA POETA:____________________________ (Pode ser Anónimo)
E NON ESQUEZADES A SÚA TRADUCIÓN AO GALEGO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario