19/11/18
15/11/18
14/11/18
13/11/18
CONCURSO POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Como todos os anos desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra comezamos a artellar o certame de POESÍA E IMAXE. EN GALEGO SEN FILTRO, para este presente curso 2018/2019.
Abrimos, por este motivo, un prazo para propoñer anacos de poemas en calquera lingua do planeta, SEMPRE COA SÚA TRADUCIÓN AO GALEGO. Agardamos as vosas propostas a través da nosa dirección de correo electrónico cequipnormalizacion@gmail.com . Tedes ata o venres 14 de decembro.
Debedes completar os seguintes datos co poema seleccionado.
NOME DO POEMA:___________________________
NOME DO OU DA POETA:____________________________ (Pode ser Anónimo)
E NON ESQUEZADES A SÚA TRADUCIÓN AO GALEGO.
FOMENTO DA POESÍA GALEGA ESO
Nesta páxina web http://verticedeversos.gal documental Vértice de Versos, unha obra audiovisual que se centra na actual poesía galega.
A pretensión desta longametraxe é a de achegar ao público que menos contacto ten coa poesía, que a descubra e a desfrute sen prexuízos.
Ademais se fixo un especial fincapé no emprego de claves para captar a atención da mocidade e para contribuír a que Vértice de Versos poida ser un recurso útil no ensino e na promoción da literatura galega.
Por iso desexamos ofrecervos varias posibilidades para que Vértice de Versos poida ser unha ferramenta de utilidade no fomento da nosa lingua e cultura nos centros de ensino secundario.

05/11/18
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)