PARABÉNS A ARIADNA PRADO DE 6º EP E CARLA GOTI 1º A ESO

O EDLG Xunto co Equipo da Biblioteca elaboramos un tríptico con recomendacións de libros para regalar no Nadal. Desexamos que sexan de bo agrado.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos felicitar as festas a toda a Comunidade educativa. BO NADAL a Tod@s.
DIVERTIDO VIDEOXOGO:UN ESCAPE ROOM baseado no Camiño Inglés desde Ferrol, no que cada peregrin@ virtual deberá superar probas e conseguir contrasenais para avanzar na ruta, e no que @s participantes terán unha importante misión que cumprir con Frechi, a nosa mascota.
ACCESO AO XOGO: http://www.xn--xogocamioingles-5qb.com/
Un xogo no que aprender dun xeito divertido, xa que recolle interesante información relativa ao
CAMIÑO INGLÉS, HISTORIA DO CAMIÑO, A CREDENCIAL, A COMPOSTELA, O ANO SANTO, O XACOBEO…
CON TRES NIVEIS: INICIAL, MEDIO E AVANZADO, para que cada escolar pode elexir o grao de dificultade que prefira.
DATAS PARA PARTICIPAR NO XOGO: 15 DE DECEMBRO 2020 ao 20 DE ABRIL 2021.
DIPLOMA E PREMIOS. @S ESCOLARES QUE TERMINEN O XOGO DENTRO DO SEU NIVEL, PODERÁN OBTER A FRECHICOMPOSTELA, O DIPLOMA QUE ACREDITA A PARTICIPACIÓN NA II PEREGRINACIÓN ESCOLAR DO CAMIÑO INGLÉS E XACOBEO 2021 E TER CUMPRIDA A MISIÓN CON FRECHI.
TOD@S @S QUE COMPLETEN O XOGO E CONSIGAN O DIPLOMA , ANTES DO 20 DE ABRIL DE 2021,PARTICIPARÁN NUN SORTEO.
OS INTERESANTES PREMIOS SON:
- GAÑADOR/A NIVEL INICIAL: TARXETA REGALO DE 100 EUROS.
- GAÑADOR/A NIVEL MEDIO: TARXETA REGALO DE 200 EUROS.
- GAÑADOR/A NIVEL AVANZADO: TARXETA REGALO DE 400 EUROS OU IPAD OU PLAY 5.
- CENTRO ESCOLAR DO GAÑADOR/A DO NIVEL AVANZADO: TARXETA REGALO DE 300 EUROS.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
Clicando no seguinte enlace podedes ver os vídeos feitos dende as aulas de Infantil e Primaria.
https://www.youtube.com/playlist?list=PLYNsqOWTAbGW5KnY_xgnFYz3CAh1VVpVk
A Real Academia Galega decidiu pospoñer a homenaxe das Letras Galegas 2020 ao 31 de outubro coincidindo co 110 aniversario do nacemento do intelectual e escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero.
Clicando no seguinte vídeo podedes acceder á vida e obra do autor.
https://nova.academia.gal/gl/letras-galegas/2020/ricardo-carballo-carvalho-calero#tab6
https://primaveradasletras.gal/
https://portaldaspalabras.gal/etiquetas/letras-galegas-2020/
Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva.
Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bolen nun mundo fantástico ou encantado, e tamén real, coma o noso.
Recollida de libros e música para ler e gozar do Samaín na aula. Premendo en cada un deles podes ler libros de medo ou escoitar música.
https://www.slideshare.net/faiclicnaarte/conto-saman
XOGOS SAMAÍN
http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html
http://actividadeslim.blogspot.com/2010/11/samain.html
O Magosto é unha festa ou reunión de varias persoas para asar e comer castañas, que se celebra en Galicia. En orixe era unha festa de amizade e veciñanza na que os galegos honraban as colleitas. Hoxe en día, seguímola a celebrar con eses mesmos matices pero engadindo ademáis o de enxalzar a castaña que, ata a chegada da pataca e do millo, despois do descubrimento de América, constituíu a base da alimentación de Galicia e doutras zonas da Península. Tradicionalmente celébrase entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro. Este ano temos que celebrar o Magosto de xeito virtual dende a nosa aula coas seguintes actividades.