13/10/20

AS NOSAS TRADICIÓNS GALEGAS: O MAGOSTO VIRTUAL

O Magosto é unha festa ou reunión de varias persoas para asar e comer castañas, que se celebra en Galicia. En orixe era unha festa de amizade e veciñanza na que os galegos honraban as colleitas. Hoxe en día, seguímola a celebrar con eses mesmos matices pero engadindo ademáis o de enxalzar a castaña que, ata a chegada da pataca e do millo, despois do descubrimento de América, constituíu a base da alimentación de Galicia e doutras zonas da Península. Tradicionalmente celébrase entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro. Este ano temos que celebrar o Magosto de xeito virtual dende a nosa aula coas seguintes actividades.

 Clicando no seguinte enlace tedes recursos e actividades interactivas para traballar o outono e Magosto na vosa aula.



CONTO DA CASTAÑEIRA


ACTIVIDADES INTERACTIVAS LIM SOBRE O MAGOSTO


Ningún comentario:

Publicar un comentario