29/10/20

31 DE OUTUBRO HOMENAXE A RICARDO CARBALLO CALERO

 A Real Academia Galega decidiu pospoñer a homenaxe das Letras Galegas 2020 ao 31 de outubro coincidindo co 110 aniversario do nacemento do intelectual e escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero.

Clicando no seguinte vídeo podedes acceder á vida e obra do autor.

Nos seguintes enlaces tedes actividades interactivas para traballar a vida e obra do autor.

https://nova.academia.gal/gl/letras-galegas/2020/ricardo-carballo-carvalho-calero#tab6

https://primaveradasletras.gal/

https://portaldaspalabras.gal/etiquetas/letras-galegas-2020/


18/10/20

GALICIA ENCANTADA: LENDAS E CONTOS IMAXINARIOS

PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE https://galiciaencantada.com/index.asp

Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva.

Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bolen nun mundo fantástico ou encantado, e tamén real, coma o noso.


 

17/10/20

CONTOS, XOGOS E MÚSICA PARA GOZAR DO SAMAÍN

 Recollida de  libros e música para ler e gozar do Samaín na aula. Premendo en cada un deles podes ler libros de medo ou escoitar música.


   


                               

No seguinte enlace da man de Sogama, a familia Trebón cóntanos como celebra esta festa.                                                                      
https://botons.eu/2014/10/27/o-samain/

CONTO DE SAMAÍN  DA RADIO GALEGA                                                                                                                                            

https://www.slideshare.net/faiclicnaarte/conto-saman

XOGOS SAMAÍN

http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html

http://actividadeslim.blogspot.com/2010/11/samain.html



13/10/20

AS NOSAS TRADICIÓNS GALEGAS: O MAGOSTO VIRTUAL

O Magosto é unha festa ou reunión de varias persoas para asar e comer castañas, que se celebra en Galicia. En orixe era unha festa de amizade e veciñanza na que os galegos honraban as colleitas. Hoxe en día, seguímola a celebrar con eses mesmos matices pero engadindo ademáis o de enxalzar a castaña que, ata a chegada da pataca e do millo, despois do descubrimento de América, constituíu a base da alimentación de Galicia e doutras zonas da Península. Tradicionalmente celébrase entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro. Este ano temos que celebrar o Magosto de xeito virtual dende a nosa aula coas seguintes actividades.

 Clicando no seguinte enlace tedes recursos e actividades interactivas para traballar o outono e Magosto na vosa aula.



CONTO DA CASTAÑEIRA


ACTIVIDADES INTERACTIVAS LIM SOBRE O MAGOSTO


01/10/20

BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA


SE CLICADES NO SEGUINTE ENLACE TEDES ACCESO Á BIBLIOTECA VIRTUAL

http://bvg.udc.es/