Coplas contra a violencia de xénero. No 2º ciclo de EP mudamos a letra de coplas de temática machista que se cantaban antigamente en festas e encontros populares. Vídeo das cantigas e debuxos do alumnado
24/11/23
Actividades de novembro
Participación do alumnado de 4º de EP no III Certame “Coreografíate” organizado pola ASPG, no cal tiveron que realizar unha coreografía cunha canción en galego.
Actividades de novembro
Saída do alumnado de 1º ciclo de EP ao concerto didáctico do grupo musical “Odaiko”, os cales achegan a música en galego ás crianzas a tráves do ritmo e da percusión.
Actividades de novembro
Compartimos convosco algunhas actividades de novembro no que participou o EDLG.
Exposición de cogomelos da man de Luís Cuba.
07/11/23
Samaín 2023
Aquí vos deixamos algunhas imaxes do noso túnel do terror, do pasado martes, onde se podían ver as cabazas e debuxos de terror feitas polo alumnado!
25/10/23
Concurso de cabazas e concurso de debuxos e relatos de terror. Curso 2023-24
Comezamos as actividades do EDLG cos nosos tradicionais concursos de cabazas e de relatos e debuxos de terror. O alumnado participante entrará no sorteo dun agasallo que se realizará no festival de nadal.
Tanto as cabazas coma os relatos e os debuxos, estarán expostos no túnel do terror, o cal visitará o alumnado o martes 31 de outubro. Animádevos a participar!
29/06/23
Xunquiño de verán!
15/06/23
IX Edición Certame Carmela Loureiro
Témosvos que anunciar unha boa nova: 2 alumnas do noso centro foron premiadas na IX edición do Certame literario Carmela Loureiro!
Modalidade de microrrelatos:
- Categoría A: “O misterio da ponte de Xubia” de Sabela Villares Luaces de 6º A de EP, premio “Accésit”.
- Categoría C: “Máis sinxelo do que semella” de Celeste García Fontao de 3º da ESO, 1º premio.
19/05/23
Homenaxe a Francisco Fernández del Riego
Compartimos convosco este mural que fixemos de xeito colaborativo entre todo o alumnado de EI e EP de Francisco Fernández del Riego, así como tamén o resto de marcapáxinas participantes no concurso da ESO.
Gañadora do concurso de pañoletas
A gañadora do deseño do concurso de pañoletas é…
Ada Calvo Seijo, de 6º B. Parabéns!!
Estas pañoletas estrearémolas o vindeiro 23 de maio na marcha do correlingua na que participaremos para festexar o noso idioma.
25/04/23
Concurso deseño para o estampado dunha pañoleta.
Este ano, para conmemorar o día das letras galegas, realizaremos en EI e EP un concurso para a creación dun deseño para estampar nunhas pañoletas que levaremos ao correlingua de Ferrol o 23 de maio.
18/04/23
Concurso de marcapáxinas. Letras galegas 2023.
Imos anunciando o noso tradicional concurso de marcapáxinas. Este ano dirixido ao alumnado da ESO, tendo como autor homenaxeado a Francisco Fernández del Riego.
31/03/23
A mocidade coa lingua!
Foi toda unha experiencia que esperamos poder repetir o curso seguinte, pasámolo xenial!
Bravo “Cuarto cable”!
07/03/23
A Mocidade coa lingua!
En representación do noso centro acudirá a banda musical “Cuarto cable”.
Ademais, todos os anos convídase unha banda de música do panorama actual, para que tamén sirva como referencia para o alumnado e se dean a coñecer as distintas propostas culturais actuais. Esta edición, contarase nada máis e nada menos ca banda denominada “As fillas de Cassandra”.
Moito ánimo e moita sorte ao noso alumnado e ao resto de participantes!!