Onte na nosa primeira participación na Mocidade coa lingua, organizada polo CENLF. Este ano, despois da pandemia, celebrouse nada máis e nada menos que a XXX edición, sendo unha referencia de actividades de dinamización lingüística da comarca de Ferrolterra. A banda musical “Cuarto cable” foi representando o CPI a Xunqueira, toda unha honra! Os seus compañeiros/as de 3º da ESO acudiron a escoitar e animar ao grupo participante.
Foi toda unha experiencia que esperamos poder repetir o curso seguinte, pasámolo xenial!
Bravo “Cuarto cable”!
Ningún comentario:
Publicar un comentario