31/03/23

A mocidade coa lingua!

Onte na nosa primeira participación na Mocidade coa lingua, organizada polo CENLF. Este ano, despois da pandemia, celebrouse nada máis e nada menos que a XXX edición, sendo unha referencia de actividades de dinamización lingüística da comarca de Ferrolterra. A banda musical “Cuarto cable” foi representando o CPI a Xunqueira, toda unha honra! Os seus compañeiros/as  de 3º da ESO acudiron a escoitar e animar ao grupo participante. 

Para rematar, tivemos a sorte de poder escoitar en concerto a emerxente banda musical “As fillas de Cassandra”, todo un luxo e unha motivación ter como referentes a estas rapazas no panorama musical galego actual.


Foi toda unha experiencia que esperamos poder repetir o curso seguinte, pasámolo xenial! 
Bravo “Cuarto cable”!



07/03/23

A Mocidade coa lingua!


Este ano estaremos participando por primeira vez na XXX edición da Mocidade coa lingua, unha actividade realizada pola coordinadora de equipas do EDLG de Ferrolterra, destinada ao alumnado da ESO.

O obxectivo desta actividade é fomentar o uso do galego na mocidade a través da música.
En representación do noso centro acudirá  a banda musical “Cuarto cable”.

Ademais, todos os anos convídase unha banda de música do panorama actual, para que tamén sirva como referencia para o alumnado e se dean a coñecer as distintas propostas culturais actuais. Esta edición, contarase nada máis e nada menos ca banda denominada “As fillas de Cassandra”.

Moito ánimo e moita sorte ao noso alumnado e ao resto de participantes!!