Aquí tedes ás nosas gañadoras do concurso de marcapáxinas das letras galegas 2025, adicadas á poesía popular oral.
Na categoría de EP: Lara Moreira Pico, de 5º.
Moitos parabéns ás nosas gañadoras!
Aquí tedes ás nosas gañadoras do concurso de marcapáxinas das letras galegas 2025, adicadas á poesía popular oral.
Na categoría de EP: Lara Moreira Pico, de 5º.
Moitos parabéns ás nosas gañadoras!
Xa tedes aquí todos os fermosos marcapáxinas que o noso alumnado elaborou para o concurso, a vindeira semana publicaremos os gañadores/as de EP e da ESO.
Continuamos coas actividades de dinamización lingüística, co noso tradicional concurso de marcapáxinas, velaí van as bases!
Durante este curso 24/25, no CPI A Xunqueira, estivemos a desenvolver un proxecto de recollidas de cantigas populares galegas, en relación á homenaxe do día das letras galegas ás cantareiras e á poesía popular oral.
Grazas a este proxecto descubrimos unha cantiga relacionada cunha asociación veciña, que homenaxea o antigo oficio das mulleres lavandeiras da parroquia de Sillobre, en Fene. Desta maneira, estableceuse unha colaboración entre o noso centro e a asociación de Sillobre para preparar unha representación da cantiga e do oficio co noso alumnado.
O alumnado de 3º e 4º de EP, aprendeu durante este curso a cantiga, que posteriormente representou no entroido, no roteiro literario que fixemos en abril, e ademais, no X encontro das lavandeiras de Sillobre o pasado 3 de maio. Aquí compartimos esta preciosa fotografía da representación do noso alumnado. Podedes atopar máis nas ligazóns que se mostran a continuación.
Agradecemos á asociación o convite para a participación no encontro. Por moitos anos das lavandeiras de Sillobre!
Fotos na páxina de Facebook das lavandeiras
Os/As gañadores/as do concurso da Candeloria, son os seguintes:
Este curso, incorporamos como novidade un concurso de texto e imaxe sobre a Candeloria!
Para iso, o EDLG organizou un concurso de texto e imaxe, no que o alumnado tivo que ilustrar ditos, refráns ou poemas desta data que tivo tanta trascendencia na nosa cultura popular galega.
Traballáronse así, acontecementos que teñen lugar nestas datas do ano: o paso da metade do inverno, referencias á meteoroloxía, o retorno de aves migratorias, e de aí o coñecido casamento dos paxariños, as referencias ao amor, os primeiros xermolos que avisan da proximidade da primavera… e por suposto, a reivindicación dunha data ben fermosa que non ha de caer no esquecemento.