14/05/25

Gañadoras do concurso de marcapáxinas. Letras galegas 2025.

Aquí tedes ás nosas gañadoras do concurso de marcapáxinas das letras galegas 2025, adicadas á poesía popular oral. 

Na categoría de EP: Lara Moreira Pico, de 5º.




Gañadora na categoría da ESO: Xiana Prieto Regueiro de 2ºB.



Moitos parabéns ás nosas gañadoras!

 

09/05/25

Participantes do concurso de marcapáxinas

 Xa tedes aquí todos os fermosos marcapáxinas que o noso alumnado elaborou para o concurso, a vindeira semana publicaremos os gañadores/as de EP e da ESO.








Concurso de marcapáxinas EP e ESO.

 Continuamos coas actividades de dinamización lingüística, co noso tradicional concurso de marcapáxinas, velaí van as bases!



As Lavandeiras de Sillobre.

 Durante este curso 24/25, no CPI A Xunqueira, estivemos a desenvolver un proxecto de recollidas de cantigas populares galegas, en relación á homenaxe do día das letras galegas ás cantareiras e á poesía popular oral.

Grazas a este proxecto descubrimos unha cantiga relacionada cunha asociación veciña, que homenaxea o antigo oficio das mulleres lavandeiras da parroquia de Sillobre, en Fene. Desta maneira, estableceuse unha colaboración entre o noso centro e a asociación de Sillobre para preparar unha representación da cantiga e do oficio co noso alumnado.

O alumnado de 3º e 4º de EP, aprendeu durante este curso a cantiga, que posteriormente representou no entroido, no roteiro literario que fixemos en abril, e ademais, no X encontro das lavandeiras de Sillobre o pasado 3 de maio. Aquí compartimos esta preciosa fotografía da representación do noso alumnado. Podedes atopar máis nas ligazóns que se mostran a continuación.




Agradecemos á asociación o convite para a participación no encontro. Por moitos anos das lavandeiras de Sillobre!

Fotos na páxina de Facebook das lavandeiras