14/05/25

Gañadoras do concurso de marcapáxinas. Letras galegas 2025.

Aquí tedes ás nosas gañadoras do concurso de marcapáxinas das letras galegas 2025, adicadas á poesía popular oral. 

Na categoría de EP: Lara Moreira Pico, de 5º.




Gañadora na categoría da ESO: Xiana Prieto Regueiro de 2ºB.



Moitos parabéns ás nosas gañadoras!

 

09/05/25

Participantes do concurso de marcapáxinas

 Xa tedes aquí todos os fermosos marcapáxinas que o noso alumnado elaborou para o concurso, a vindeira semana publicaremos os gañadores/as de EP e da ESO.








Concurso de marcapáxinas EP e ESO.

 Continuamos coas actividades de dinamización lingüística, co noso tradicional concurso de marcapáxinas, velaí van as bases!



As Lavandeiras de Sillobre.

 Durante este curso 24/25, no CPI A Xunqueira, estivemos a desenvolver un proxecto de recollidas de cantigas populares galegas, en relación á homenaxe do día das letras galegas ás cantareiras e á poesía popular oral.

Grazas a este proxecto descubrimos unha cantiga relacionada cunha asociación veciña, que homenaxea o antigo oficio das mulleres lavandeiras da parroquia de Sillobre, en Fene. Desta maneira, estableceuse unha colaboración entre o noso centro e a asociación de Sillobre para preparar unha representación da cantiga e do oficio co noso alumnado.

O alumnado de 3º e 4º de EP, aprendeu durante este curso a cantiga, que posteriormente representou no entroido, no roteiro literario que fixemos en abril, e ademais, no X encontro das lavandeiras de Sillobre o pasado 3 de maio. Aquí compartimos esta preciosa fotografía da representación do noso alumnado. Podedes atopar máis nas ligazóns que se mostran a continuación.




Agradecemos á asociación o convite para a participación no encontro. Por moitos anos das lavandeiras de Sillobre!

Fotos na páxina de Facebook das lavandeiras








14/02/25

Gañadores/as concurso da Candeloria.

 Os/As gañadores/as do concurso da Candeloria, son os seguintes:

  • Categoría EI: Vera Fandiño de 6º de EI.
  • Categoría 1º ciclo EP: Enzo Outón de 1º de EP.
  • Categoría 2º ciclo de EP: Carla Puentes de 4º de EP.
  • Categoría 3º ciclo de EP: Noemí Romero de 5º de EP.
  • Categoría de 1º e 2º da ESO: Aroa Rebollo de 1º da ESO.
  • Categoría de 3º e 4º da ESO: Marcos Moreno de 3º de PDC.
Noraboa a todos/as!









Concurso da Candeloria.

 Este curso, incorporamos como novidade un concurso de texto e imaxe sobre a Candeloria!

Para iso, o EDLG organizou un concurso de texto e imaxe, no que o alumnado tivo que ilustrar ditos, refráns ou poemas desta data que tivo tanta trascendencia na nosa cultura popular galega. 

Traballáronse así, acontecementos que teñen lugar nestas datas do ano: o paso da metade do inverno, referencias á meteoroloxía, o retorno de aves migratorias, e de aí o coñecido casamento dos paxariños, as referencias ao amor, os primeiros xermolos que avisan da proximidade da primavera… e por suposto, a reivindicación dunha data ben fermosa que non ha de caer no esquecemento.





Actualización actividades 2024/2025 concurso de postais de nadal


 


Actualización actividades 2024/2025. Exposición de cogomelos Luis Cuba. Novembro de 2024

 



30/10/24

Actividades Samaín 2024.

Velaí vos deixamos algunhas imaxes do noso Túnel do Samaín, cunha inmensa participación no concurso de cabazas, así como dos debuxos de medo e os relatos de terror.

Moitisimas grazas a toda a comunidade escolar pola vosa participación nas actividades do Samaín organizadas polo EDLG. 

Bo Samaín a todos/as! 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 




 


 


 


 


16/10/24

Samaín 2024

Comezamos este novo curso 2024/25 cos nosos tradicionais concursos de relatos e debuxos de Samaín. Tamén, teremos o concurso de cabazas, que quedarán expostas na escola. 

Engadimos este ano unha serie de suxerencias para a elaboración de relatos, debuxos e cabazas, procurando empregar os elementos do noso tradicional Samaín.

Animádevos a participar!






22/05/24

Obradoiro de baile tradicional galego, na semana das letras galegas.

 Este martes 21 de maio, o EDLG en colaboración co departamento de música, organizou un obradoiro de baile tradicional galego, para 3º, 4º 5º e 6º de EP e máis para 4º da ESO, da man da AC Donaire da Coruña. 

Moitisimas grazas, Pablo e Olga, polas vosas aulas, desfrutámolo moitísimo!