05/02/14

LIBRO DE PAZ, 3º DE PRIMARIA

As alumnas e alumnos de terceiro de primaria prepararon un libro con poemas sobre a paz. Despois léronos nun acto conmemorativo que tivo lugar na biblioteca do centro.

Aquí tedes a mostra dese libro:







PARAUGAS POLA PAZ

Para festexar o día da Paz no CPI A Xunqueira, acordouse que unha das actividades a facer fose decorar un paraugas en cada aula ou nivel con debuxos ou lemas alusivos a este tema.
Agora todos os paraugas decoran o corredor do centro. Aquí vos queda unha mostra de todos eles.